Archivo de septiembre de 2015

Asemblea de outubro: a crise d@s “refuxiad@s”

 

Como cada 1º xoves de mes o 1 de outubro celebraremos  a nosa Asemblea mensual no Campo de Marte ás 19:30 horas.

 

A charla-debate nesta ocasión será sobre a crise d@s “refuxiad@s”. Explicarase por que se lles debería chamar solicitantes de asilo e non refuxiad@s, resumiranse algúns dos principais aspectos das leis máis importantes en materia de asilo e refuxio, indicarase como está a ser a pobre resposta europea a esta crise e falarase das causas da mesma: das guerras (en particular as imperialistas, as agresións abertas ou encubertas a países para a súa conquista ou destrución dos seus estados para o expolio das súas riquezas.

 

Como sempre, haberá micro aberto, co cal as asistentes terán a posibilidade de participar, de xeito que poderemos aprender todas de todas.

Mercado de troco de setembro

 

 

 

 

O último sábado de cada mes desde a Asemblea Popular do 15M de Monte Alto organizamos un mercadiño de troco de 12 a 14 horas no Campo de Marte. O deste mes será o sábado 26 de setembro.

 

Consiste en que calquera persoa leva un número determinado de productos e pode recoller o mesmo número de productos. Non se emprega diñeiro, trátase de darlle un novo uso ás cousas.

Vídeos da asemblea de setembro

15M de Monte Alto sobre os recortes educativos (fragmento)

Acción Universitaria na asemblea de setembro de 2015 fragmento 2

Acción Universitaria na asemblea de setembro de 2015 fragmento 1

© 11-12-2011 — Contacto: #15M Monte Alto — Actualizado: 26 julio, 2017 — Visitas totales: 9,731 — Últimas 24 horas: 8 — Conectados: 0