Archivo de octubre de 2015

Mercado de troco de outubro

 

 

 

O último sábado de cada mes desde a Asemblea Popular do 15M de Monte Alto organizamos un mercadiño de troco de 12 a 14 horas no Campo de Marte. O deste mes será o sábado 31 de outubro.

 

Consiste en que calquera persoa leva un número determinado de productos e pode recoller o mesmo número de productos. Non se emprega diñeiro, trátase de darlle un novo uso ás cousas.

Concentración contra o 21% de IVE nas perrucarías

Dende o 15M de Monte Alto convocamos para o próximo sábado día 10 de Outubro ás 18h unha concentración no Obelisco da Coruña para protestar contra a suba do IVE do 8 ó 21% que sufriron as perrucarías. Tras varias mobilizacións a nivel galego e estatal, entendemos que cómpre visibilizar este problema a pé de rúa na nosa cidade.

 

Na concentración, unha compañeira do 15M, veciña de Monte Alto e perruqueira de profesión, efectuará unha performance consistente en rapar ao cero media cabeza e escribirse nesa media cabeza rapada unha consigna contra o incremento ao 21% do IVE en perrucarías. Con dito acto pretende amosar a súa repulsa a esta medida do Goberno, que puxo contra as cordas a todo un sector. Ante o silencioso pero continuo peche de perrucarías en todo o estado pola incapacidade de facer fronte a unha suba do IVE de case o triple, convidamos a participar este sábado nun berro colectivo de rexeitamento e dignidade.

© 11-12-2011 — Contacto: #15M Monte Alto — Actualizado: 24 mayo, 2017 — Visitas totales: 9,636 — Últimas 24 horas: 2 — Conectados: 0