Archivo de noviembre de 2015

Mercado de troco de novembro

 

 

 

 

O último sábado de cada mes desde a Asemblea Popular do 15M de Monte Alto organizamos un mercadiño de troco de 12 a 14 horas no Campo de Marte. O deste mes será o sábado 28 de novembro.

 

 

 

Consiste en que calquera persoa leva un número determinado de productos e pode recoller o mesmo número de productos. Non se emprega diñeiro, trátase de darlle un novo uso ás cousas.

 

Asemblea de novembro: A falsa saída da crise

 

Como cada 1º xoves de mes o 5 de novembro celebraremos  a nosa Asemblea mensual no Campo de Marte ás 19:30 horas.

 

A charla-debate nesta ocasión será sobre a falsa saída da crise. César, do colectivo ATTAC da Coruña, explicaranos como entre o tempo que Zapatero negou que houbese unha crise e o tempo que Rajoy leva anunciando que a superamos, da a sensación de que a crise nunca existiu. Falará da que el considera a tripla prisión da economía española (a do réxime neoliberal, a de Europa e a de España), xustificará por que é evidente que non existe recuperación económica e indicaranos quen está a gañar coa crise.

 

Como sempre, haberá micro aberto, co cal as asistentes terán a posibilidade de participar, de xeito que poderemos aprender todas de todas.

© 11-12-2011 — Contacto: #15M Monte Alto — Actualizado: 22 noviembre, 2017 — Visitas totales: 9,947 — Últimas 24 horas: 2 — Conectados: 0