Archivo de diciembre de 2015

Asemblea de decembro: repaso ao sistema electoral

 

 

Como cada 1º xoves de mes o 3 de decembro celebraremos  a nosa Asemblea mensual no Campo de Marte ás 19:30 horas.

 

charla-debate nesta ocasión será, ante as inminentes eleccións do 20 de decembro, un repaso ao sistema electoral. Entre dúas persoas explicarannos como é posible que o actual partido do goberno no Estado teña maioría absoluta se só obtivo o voto do 31 % do censo electoral e o 44% dos votos emitidos. Principalmente, tocaranse tres cuestións: as circunscricións, o sistema d’Hont de reparto e a porcentaxe de exclusión ou barreira electoral.

 

Como sempre, haberá micro aberto, co cal as asistentes terán a posibilidade de participar, de xeito que poderemos aprender todas de todas.

© 11-12-2011 — Contacto: #15M Monte Alto — Actualizado: 2 agosto, 2017 — Visitas totales: 9,758 — Últimas 24 horas: 1 — Conectados: 0