Archivo de enero de 2016

En febreiro non teremos asemblea con charla debate

 

Desde a Asemblea Popular do 15M de Monte Alto Informámosvos de que, por problemas técnicos e organizativos, non imos poder celebrar a nosa asemblea mensual de febreiro, que teóricamente sería o xoves 4 (aínda que si editaremos o boletín mensual, o cal se repartirá noutras datas).

 

Non obstante, queremos manifestar que si celebraremos as asembleas nos meses posteriores e que, tras un par de asembleas celebradas a cuberto por motivos meteorolóxicos, garantimos que volveremos tomar a rúa (o Campo de Marte) cada primeiro xoves de mes a partir de marzo.

 

Mercadiño de troco de xaneiro

 

 

O último sábado de cada mes desde a Asemblea Popular do 15M de Monte Alto organizamos un mercadiño de troco de 12 a 14 horas no Campo de Marte. O deste mes será o sábado 30 de xaneiro.

 

 

 

Consiste en que calquera persoa leva un número determinado de productos e pode recoller o mesmo número de productos. Non se emprega diñeiro, trátase de darlle un novo uso ás cousas.

Comunicado plataforma Adriel absolución (principios de decembro)

Asemblea de xaneiro: consumo consciente e responsable

 

Como cada 1º xoves de mes o 7 de xaneiro celebraremos  a nosa Asemblea mensual no Campo de Marte ás 19:30 horas.

 

charla-debate nesta ocasión será sobre o consumo consciente e responsable. Persoas da cooperativa de consumo responsable Zocamiñoca falarannos de como o consumo é unha actividade imprescindible pero só reconducida aos xustos termos que permitan a todos os seres humanos vivir nas mesmas condicións de dignidade. Mencionarán sitios de internet nos que informarse e iniciativas de economía social próximas  moi variadas.

 

Como sempre, haberá micro aberto, co cal as asistentes terán a posibilidade de participar, de xeito que poderemos aprender todas de todas.

© 11-12-2011 — Contacto: #15M Monte Alto — Actualizado: 24 mayo, 2017 — Visitas totales: 9,636 — Últimas 24 horas: 2 — Conectados: 0