Asemblea de xaneiro: consumo consciente e responsable

 

Como cada 1º xoves de mes o 7 de xaneiro celebraremos  a nosa Asemblea mensual no Campo de Marte ás 19:30 horas.

 

charla-debate nesta ocasión será sobre o consumo consciente e responsable. Persoas da cooperativa de consumo responsable Zocamiñoca falarannos de como o consumo é unha actividade imprescindible pero só reconducida aos xustos termos que permitan a todos os seres humanos vivir nas mesmas condicións de dignidade. Mencionarán sitios de internet nos que informarse e iniciativas de economía social próximas  moi variadas.

 

Como sempre, haberá micro aberto, co cal as asistentes terán a posibilidade de participar, de xeito que poderemos aprender todas de todas.

Un comentario para “Asemblea de xaneiro: consumo consciente e responsable”

Deja un comentario

© 11-12-2011 — Contacto: #15M Monte Alto — Actualizado: 28 diciembre, 2018 — Visitas totales: 11,525 — Últimas 24 horas: 3 — Conectados: 1