Archivo de marzo de 2016

Mercadiño de troco de marzo

 

 

 

 

O último sábado de cada mes desde a Asemblea Popular do 15M de Monte Alto organizamos un mercadiño de troco de 12 a 14 horas no Campo de Marte. O deste mes será o sábado 26 de marzo.

 

 

 

Consiste en que calquera persoa leva un número determinado de productos e pode recoller o mesmo número de productos. Non se emprega diñeiro, trátase de darlle un novo uso ás cousas.

Asemblea de marzo: a loita feminista

 

Como cada 1º xoves de mes o 3 de marzo celebraremos  a nosa Asemblea mensual no Campo de Marte ás 19:30 horas.

 

charla-debate nesta ocasión será sobre o a loita feminista, facendo fincapé na descrición do desenvolvemento das “Jornadas Feministas” que se desenvolveron o mes pasado na nosa cidade. Algunha das organizadoras explicaranos como pretenderon crear un espazo de reflexión en torno ás agresións cotiás do día a día, por tanto naturalizadas e invisibilizadas,  e por iso combinaron charlas, palestras e debates con accións de rúa.

 

Como sempre, haberá micro aberto, co cal as asistentes terán a posibilidade de participar, de xeito que poderemos aprender todas de todas.

© 11-12-2011 — Contacto: #15M Monte Alto — Actualizado: 26 julio, 2017 — Visitas totales: 9,731 — Últimas 24 horas: 7 — Conectados: 0