Archivo de abril de 2016

Mercadiño de troco de abril

 

 

 

 

O último sábado de cada mes desde a Asemblea Popular do 15M de Monte Alto organizamos un mercadiño de troco de 12 a 14 horas no Campo de Marte. O deste mes será o sábado 30 de abril.

 

 

 

Consiste en que calquera persoa leva un número determinado de productos e pode recoller o mesmo número de productos. Non se emprega diñeiro, trátase de darlle un novo uso ás cousas.

Asemblea de abril: ingobernabilidade e modelos de goberno

 

Como cada 1º xoves de mes o 7 de abril celebraremos  a nosa Asemblea mensual no Campo de Marte ás 19:30 horas.

 

charla-debate nesta ocasión será sobre a loita “ingobernabilidade e os modelos de goberno”. Xa transcorreron máis de 4 meses desde a celebración das últimas eleccións xerais para o Estado español e o goberno de España segue a ser un goberno en funcións con capacidades máis limitadas.  Aproveitando esta situación queremos reflexionar sobre outras formas de “goberno”, nomeadamente 3:  a constitución dunha nova república española, a constitución dunha república galega e o anarquismo.

 

Como sempre, haberá micro aberto, co cal as asistentes terán a posibilidade de participar, de xeito que poderemos aprender todas de todas.

© 11-12-2011 — Contacto: #15M Monte Alto — Actualizado: 22 noviembre, 2017 — Visitas totales: 9,947 — Últimas 24 horas: 2 — Conectados: 0