Archivo de junio de 2016

Mercadiño de troco de xuño

 

 

 

O último sábado de cada mes desde a Asemblea Popular do 15M de Monte Alto organizamos un mercadiño de troco de 12 a 14 horas no Campo de Marte. O deste mes será o sábado 25 de xuño.

 

 

 

Consiste en que calquera persoa leva un número determinado de productos e pode recoller o mesmo número de productos. Non se emprega diñeiro, trátase de darlle un novo uso ás cousas.

 

V Aniversario da Asemblea Popular de Monte Alto!

 

Este mércores, 8 de xuño, ás 20 horas no Campo de Marte, celebraremos cunha asemblea adicada ao micro aberto e con petiscos o 5º aniversario da Asemblea Popular do 15M de Monte Alto.

 

Facemos xa cinco ano,  si. Cinco anos desde a creación da nosa asemblea, xurdida cando na acampada do Obelisco se decidiu dar o paso de estenderse ós barrios. Cinco anos de asembleas, de reunións, de accións e protestas, de relación cos distintos colectivos e movementos sociais da cidade. Pasou moito tempo, pero mantemos as nosas bases: horizontais, asemblearias e apartidistas.

 

E como lembranza fermosa, pasámosvos un vídeo da primeira asemblea do 15M de Monte Alto. Podédelo ver aquí:

Primeira asemblea do 15M en Monte Alto

Aprazamento da nosa asemblea de quinto aniversario

Este xoves, 2 de xuño, tocaba celebrar a nosa asemblea de 5º aniversario, na cal estaba previsto que houbese petiscos. Sen embargo, para non pisar a convocatoria das I Xornadas Antirrepresivas Galegas (que nos parecen moi interesantes), decidimos aprazar a nosa asemblea de aniversario previsiblemente para o próximo mércores 8 de xuño.

Nos vindeiros días subiremos o cartel anunciando a asemblea.

Compartimos o cartel das xornadas antirrepresivas.

© 11-12-2011 — Contacto: #15M Monte Alto — Actualizado: 26 julio, 2017 — Visitas totales: 9,731 — Últimas 24 horas: 8 — Conectados: 0