V Aniversario da Asemblea Popular de Monte Alto!

 

Este mércores, 8 de xuño, ás 20 horas no Campo de Marte, celebraremos cunha asemblea adicada ao micro aberto e con petiscos o 5º aniversario da Asemblea Popular do 15M de Monte Alto.

 

Facemos xa cinco ano,  si. Cinco anos desde a creación da nosa asemblea, xurdida cando na acampada do Obelisco se decidiu dar o paso de estenderse ós barrios. Cinco anos de asembleas, de reunións, de accións e protestas, de relación cos distintos colectivos e movementos sociais da cidade. Pasou moito tempo, pero mantemos as nosas bases: horizontais, asemblearias e apartidistas.

 

E como lembranza fermosa, pasámosvos un vídeo da primeira asemblea do 15M de Monte Alto. Podédelo ver aquí:

Primeira asemblea do 15M en Monte Alto

Deja un comentario

© 11-12-2011 — Contacto: #15M Monte Alto — Actualizado: 28 diciembre, 2018 — Visitas totales: 11,346 — Últimas 24 horas: 0 — Conectados: 0