Archivo de julio de 2016

MÉRCORES 3: Asemblea de agosto (pregón alternativo)

 

 

Nesta ocasión vémonos na obriga de adiantar a asemblea de agosto ao primeiro mércores, día 3, no Campo de Marte ás 20 horas.

 

O prato forte, como ven sendo habitual nos meses de agosto dos últimos anos, será un “pregón alternativo”, consistente neste caso realmente nunha suposta auditoría das festas do concello levada a cabo en vivo e en directo por un hipotético auditor portugués da ONG “Auditamos Sem Fronteiras”.

 

Como sempre, haberá micro aberto, co cal as asistentes terán a posibilidade de participar, de xeito que poderemos aprender todas de todas. E si… tamén haberá petiscos para celebrar o comezo das festas da cidade.

 

Adiantamos o mercadiño de troco de xullo

 

Con motivo de que o sábado 30 de xullo haberá unha excursión ao  Seixo Branco (organizada conxuntamente polos centros sociais Ateneo Libertario Xosé Tarrío e A Comuna) á que varias de nós temos pensado asistir (para máis información ver evento en facebook: Excursión: Seixo Branco) e aproveitando que o centro social A Comuna celebra este sábado un día na rúa no Campo de Marte, que inclúe un armario comunal no horario do noso mercadiño de troco, decidimos adiantar o mercadiño de troco deste mes ao sábado 23 de xullo, de 12 a 14 horas (coma sempre) no Campo de Marte.

 

 

Lembrar que o noso mercadiño de troco consiste en que calquera persoa leva un número determinado de produtos e pode recoller o mesmo número de artigos. Non se emprega diñeiro, trátase de darlle un novo uso ás cousas.

 

 

 

Asemblea de xullo: Elviña, un conflito sen resolver

 

Como cada 1º xoves de mes o 7 de xullo celebraremos  a nosa Asemblea mensual no Campo de Marte ás 20 horas.

 

charla-debate nesta ocasión será “Elviña, un conflito sen resolver”, e correrá a cargo de xente da plataforma Elviña Non Se Vende, nacida tra-lo traumático desaloxo e derrubo da casa de Álvaro e Isabel e que está integrada pola veciñanza afectada polo Proxecto do Ofimático, a xente de San Vicente de Elviña e persoas solidarias do resto da cidade.  A súa reinvidicación principal é  a desafectación inmediata das vivendas do lugar integradas no plan urbanístico do Parque Ofimático e conservación do núcleo de San Vicente.

 

Como sempre, haberá micro aberto, co cal as asistentes terán a posibilidade de participar, de xeito que poderemos aprender todas de todas.

© 11-12-2011 — Contacto: #15M Monte Alto — Actualizado: 24 mayo, 2017 — Visitas totales: 9,636 — Últimas 24 horas: 2 — Conectados: 0