Archivo de agosto de 2016

Asemblea de setembro: racismo e represión contra @s inmigrantes

 

Como cada 1º xoves de mes o 1 de setembro celebraremos  a nosa Asemblea mensual no Campo de Marte ás 20 horas.

 

charla-debate nesta ocasión será sobre o racismo e a represión contra @s inmigrantes. Para iso contaremos con persoas do Foro Galego da Inmigración, quen nos falarán do aparato represivo da política migratoria (identificacións masivas, redadas racistas, detencións, centros de internamento de extranxeiros e operativos de deportación por terra, mar e aire…) e tamén con alguén da ONG SOS Racismo, quen avogan por reflexionar sobre os racismos cotidianos ou micro-agresións.

 

Como sempre, haberá micro aberto, co cal as asistentes terán a posibilidade de participar, de xeito que poderemos aprender todas de todas.

Mercadiño de troco de agosto

O último sábado de cada mes desde a Asemblea Popular do 15M de Monte Alto organizamos un mercadiño de troco de 12 a 14 horas no Campo de Marte. O deste mes será o sábado 27 de agosto.

 

O de agosto será un mercadiño de troco especial, xa que se cumplimos 5 anos desde que o comezamos a levar a cabo. Levarémolo a cabo, como aconteceu o mes pasado, xunto co Armario Comunal do Centro Social A Comuna, así que seguro que hai máis cousas para trocar. Ademais o mercadiño será temático, tentando facer especial fincapé no intercambio de material escolar, aproveitando que en setembro comezan as clases nos colexios.

 

Consiste en que calquera persoa leva un número determinado de productos e pode recoller o mesmo número de productos. Non se emprega diñeiro, trátase de darlle un novo uso ás cousas.

 

Vídeo do pregón alternativo 2016

Presentación alternativa das festas de María Pita (A Coruña), levada a cabo por compañeiros do 15M de Monte Alto, o mércores 3 de agosto deste ano. Trátase dunha suposta auditoría en vivo e en directo das festas do concello solicitada por un hipotético membro do concello (Xurxo Porreiro) e levada a cabo por un suposto auditor portugués da ONG “Auditamos Sem Fronteiras” (Santia Gomes Quino).

 

© 11-12-2011 — Contacto: #15M Monte Alto — Actualizado: 28 septiembre, 2017 — Visitas totales: 9,890 — Últimas 24 horas: 1 — Conectados: 0