Archivo de octubre de 2016

Asemblea de outubro (2º xoves de mes)

Con motivo da celebración que tivo lugar este xoves ás 20 h dunha manifestación contra o infame e inxustificado ERE que Extel-Adecco e Movistar pretenden levar a cabo en todo o Estado (355 despidos) e que afecta a 205 traballadoras/es na Coruña decidimos adiar a nosa asemblea para o segundo xoves de outubro, día 13, ás 20 horas no Campo de Marte, coma sempre.

 

A charla-debate nesta ocasión será en favor dunha universidade galega pública, gratuita e de calidade. Falarase do ataque que supoñen as últimas reformas en materia educativa contra a nosa lingua, da implantación do modelo 3+2, da segregación clasista que supoñen os últimos recortes, etc. Para iso contaremos coa participación do colectivo estudantil Acción Universitaria e co sindicato estudantil Erguer.

 

Como sempre, haberá micro aberto, co cal as asistentes terán a posibilidade de participar, de xeito que poderemos aprender todas de todas.

© 11-12-2011 — Contacto: #15M Monte Alto — Actualizado: 22 agosto, 2017 — Visitas totales: 9,822 — Últimas 24 horas: 3 — Conectados: 0