Archivo de agosto de 2017

Mercadiño de troco de agosto de 2017

 

O noso mercadiño de troco mensual consiste en que calquera persoa leva un número determinado de produtos e pode recoller o mesmo número de produtos. Non se emprega diñeiro, trátase de darlle un novo uso ás cousas.

Este mes celebrarémolo o sábado 26 de agosto 12 a 14 horas no Campo de Marte e será especial por tres motivos:

* Por unha banda porque, como todos os anos por estas datas, estará centrado no intercambio de material escolar (para axudar a nais/pais na costa de setembro e que os/as nenos/as poidan comezar o curso sen que sexa necesario mercar novos materiais se se poden reutilizar os de outras persoas que xa non os precisan).

* Tamén será especial porque coincidirá co armario comunal organizado polo Centro Social A Comuna (e que tamén consiste en que cada persoa deixe o que non precisa e colla libremente o lle faga falta).

* Ademais, ao rematar o mercadiño de troco, haberá un xantar comunal, que incluirá unha Jam Session con música en directo.

 


© 11-12-2011 — Contacto: #15M Monte Alto — Actualizado: 26 septiembre, 2018 — Visitas totales: 10,999 — Últimas 24 horas: 0 — Conectados: 0