Archivo de septiembre de 2018

Cancelación do mercadiño de troco de setembro de 2018

Dado que esta fin de semana hai unha festa de inauguración de novo local nun centro social do barrio, no cal participamos varias das persoas que organizamos mensualmente o mercadiño de troco do 15M de Monte Alto, temos que cancelar o noso mercadiño de troco deste sábado, por non poder compatibilizar a organización de ambos eventos.

Ide seleccionando cousas que non precisedes para trocar, pois o último sábado de outubro teredes ocasión de intercambialas no noso mercadiño de troco mensual :) Vémonos a finais de outubro.

© 11-12-2011 — Contacto: #15M Monte Alto — Actualizado: 28 diciembre, 2018 — Visitas totales: 11,376 — Últimas 24 horas: 1 — Conectados: 0