Archivo de la categoría ‘charla debate’

Asemblea Popular de Febreiro

 

Este mes a temática da asemblea será o cambio de normativa de regulación das pensións, co que entra en vigor a xubilación ós 67 anos e outras medidas que trataremos polo miúdo o mércores 6 no Campo de Marte (ás 19.30h).

 

Aínda que o habitual é que organicemos as nosas asembleas para o primeiro xoves de cada mes, desta vez cambiamos a data para poder participar durante a tarde do día 7 da manifestación que servirá de colofón á folga estudantil. Queremos aproveitar a ocasión para amosar o noso apoio a esta folga, que terá lugar os días 5, 6 e 7 de Febreiro, e que busca facer fronte á inminente reforma educativa (a chamada Lei Wert), abertamente reaccionaria.

Asemblea Popular e Mercadiño de Troco

Agora que co Nadal nos instan máis que nunca a consumir, parecen boas datas para darlle unha volta á forma en que gastamos os nosos cartos, que alternativas de consumo existen e de que xeito afecta todo esto á sociedade na que vivimos.

 

Por todo esto vos convidamos a participar na asemblea popular que celebraremos hoxe no Campo de Marte (19.30h) centrada no consumo responsable e na que poderemos coñecer a experiencia de persoas da cooperativa Zocamiñoca, así como a acudir este sábado 15 ó mercadiño de troco que montaremos no Obelisco de 12h a 20h, con taller de xoguetes feitos de material reutilizado e a actuación do grupo de pandereteiras As Chivinhas.

 

Asemblea Popular 8 de novembro

ESTE XOVES, DÍA 8 de novembro,

Asemblea Popular de Monte Alto,

SERÁ ÁS 7:30 DA TARDE,

no Campo de Marte.

 

Asemblea Popular e charla debate:

A REVOLUCIÓN PACÍFICA

Asemblea 4 de outubro – Eleccións galegas

ESTE XOVES, DÍA 4 de outubro, Asemblea Popular de Monte Alto,

SERÁ ÁS 8 DA TARDE,

no Campo de Marte.

 

Asemblea Popular e charla debate:

ELECCIÓNS DO 21 DE OUTUBRO Ó PARLAMENTO GALEGO

 

- Como funciona o sistema electoral?

- Por que non valen o mesmo tódolos votos?

- Como se elixen os deputados?

- Que é o sistema D’Hondt?

- Como funciona?

 

© 11-12-2011 — Contacto: #15M Monte Alto — Actualizado: 26 septiembre, 2018 — Visitas totales: 10,999 — Últimas 24 horas: 0 — Conectados: 0