Archivo de la categoría ‘concentración’

Viaxe reivindicativa a Cambre

 

 

Como xa fixéramos hai uns meses na marcha a Betanzos, este domingo 23 ás 10.30h participaremos da viaxe reivindicativa organizada pola Plataforma en Defensa do Tren, que sairá ás 11h da estación de San Cristóbal ata Cambre. Tedes máis información na web da Plataforma.

Acudide e difundide!

Que non nos rouben o tren!

Impunidade Nunca Máis!

 

 

Convócase para este venres 15 ás 20h, no Obelisco, unha concentración pola sentencia xudicial sobre o Prestige. Porque si hai culpables, impunidade Nunca Máis!

 

 

Máis información, aquí.

Múltannos a nós para asustarte a ti

 

 

Na cidade da Coruña somos moitas as persoas e colectivos que por defendermos dereitos como o da liberdade de expresión, de manifestación, ou o dereito á saúde e educación pública e de calidade, á vivenda, etc., estamos a sufrir o aumento da intensidade na vixilancia policial e a criminalización durante as accións de protesta e actuacións comunitarias –chegando mesmo á prohibición-, acosadas/os por unha violenta presenza policial en moitas das protestas convocadas, así coma tendo que sufrir a práctica de identificacións “aleatorias” das persoas que participamos nas mobilizacións.

 

No caso de Stop Desafiuzamentos, recentemente a Subdelegación do Goberno iniciou a tramitación da apertura de expedientes sancionadores contra persoas que axudaron a frear o desafiuzamento de Aurelia Rey. Até o dagora son xa un total de 11 persoas as propostas para sanción por estes feitos.

 

A ninguén se lle escapa que, aliás do desgaste económico, o obxectivo fundamental das propostas de sanción por participar en protestas é disuadir á cidadanía para que non se mobilice, non vaia a ser que saia ben, como pasou co caso de Aurelia…

 

Por todo o anterior, convocouse unha concentración conxunta baixo o lema “MULTANNOS A NÓS PRA ASUSTARTE A TI”, para deste xeito poñer sobre a mesa a represión da solidariedade que estamos a sufrir tódolos colectivos e movementos sociais, así coma o obxectivo desmobilizador que teñen estes ataques. Dita acción reivindicativa terá lugar o vindeiro xoves 11 de xullo ás 20.00hrs. no Obelisco.

Xornada de reflexión


ESTE SÁBADO, DÍA 20 de outubro


XORNADA DE REFLEXIÓN

O CAPITAL XA TEN UN GAÑADOR, PP-PSOE
Mais quen decide es ti: NON OS VOTES
,

 

Imos reflexionar ao Obelisco. Ven connosco.
Alí estaremos ás 8 da tarde

© 11-12-2011 — Contacto: #15M Monte Alto — Actualizado: 28 diciembre, 2018 — Visitas totales: 11,468 — Últimas 24 horas: 0 — Conectados: 0