Archivo de la categoría ‘manifestación’

Manifestación: contra a mafia, pola democracia

O 19 de outubro terá lugar na Coruña unha manifestación baixo o lema “Contra a mafia, pola democracia”, que sairá ás 19 horas da Praza de Pontevedra. Ao remate da mesma, está prevista unha asemblea aberta no Obelisco.

 

Dita manifestación é convocada por diversos colectivos sociais e persoas individuais, quenes convocaron duas reunións abertas para organizala.

 

A data foi escollida por coincidir con mobilizacións noutros países e en distintos puntos do Estado, contra as políticas de austeridade que, con dramáticas consecuencias, están tratando de impor nunha multitude de nacións.

 

Evento en facebook: https://www.facebook.com/events/519372174815854/

 

Evento en corunha.info: http://corunha.info/evento/1790

Manifestación antitaurina

A plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas, Asociación Animalista Libera e Fondation Franz Weber convocan á cidadanía e ás organizacións e colectivos de todo signo a participar na 1ª Manifestación Antitaurina da Coruña.

Será mañá, domingo 4 de Agosto, ás 12 horas, con saída dende O Obelisco ata a Praza de María Pita.

Dita manifestación é apoiada por case medio centenar de colectivos, tanto sociais, como ecoloxistas, políticos, de xóvenes, etc. Podes consultar de cales se trata no evento de facebook: manifestación antitaurina.

Ademais, algúns deles (incluida a nosa Asemblea) lerán un manifesto contra as touradas en xeral e a feira taurina da Coruña en particular á chegada á praza de María Pita.

Fin de semana en loita

Esta fin de semana a temos completiña! Cada día unha mobilización distinta, como vos indicamos a continuación:

 

- Venres 31 de Maio: manifestación de apoio á veciñanza afectada polo Plan do Ofimático, sae ás 13.30h do edificio Proa (Matogrande).

 

- Sábado 1 de Xuño: marea cidadá, manifestación global contra a dictadura da Troika que na nosa cidade sairá ás 19h da Praza Pontevedra.

 

- Domingo 2 de Xuño: imos para Compostela, a apoiar a manifestación contra a megaminería contaminante que sairá ás 12h da Alameda.

 

 

 

 

Xa vedes que motivos non faltan. Vémonos na rúa!

#13-O GlobalNoise (Manifestación – Barullo global)

ESTE SÁBADO, DÍA 13 de outubro
MANIFESTACIÓN GLOBAL

#13-O GLOBAL NOISE,

NON DEBEMOS, NON PAGAMOS,

 

Comezo: ás 6 da tarde dende a Praza de Ourense

Remate: Praza de María Pita

Temos que facer moito barullo. Vide preparados…

© 11-12-2011 — Contacto: #15M Monte Alto — Actualizado: 28 diciembre, 2018 — Visitas totales: 11,466 — Últimas 24 horas: 1 — Conectados: 0