Archivo de la categoría ‘troco’

Mercadiño de Troco

 

 

Retomamos a periodicidade do troco, que será de novo tódolos últimos sábados de mes. Mañá, 27 de Abril, entre as 12h e as 14h, poderedes pasarvos a trocar aquelas cousas que xa non usedes por outras que vos interesen.

 

Xa sabedes: sen diñeiro, trátase de dar unha nova vida ás cousas. Vémonos mañá!

 

 

Mercadiño de Troco (26 de Xaneiro)

 

Este sábado 26 de Xaneiro organizaremos o primeiro Mercadiño de Troco do ano 2013. Como vén sendo habitual, estaremos no Campo de Marte das 12h da mañá ata as 14h do mediodía.

 

Traede cousas que xa non usedes e levade aquelas que vos interesen!

Asemblea Popular e Mercadiño de Troco

Agora que co Nadal nos instan máis que nunca a consumir, parecen boas datas para darlle unha volta á forma en que gastamos os nosos cartos, que alternativas de consumo existen e de que xeito afecta todo esto á sociedade na que vivimos.

 

Por todo esto vos convidamos a participar na asemblea popular que celebraremos hoxe no Campo de Marte (19.30h) centrada no consumo responsable e na que poderemos coñecer a experiencia de persoas da cooperativa Zocamiñoca, así como a acudir este sábado 15 ó mercadiño de troco que montaremos no Obelisco de 12h a 20h, con taller de xoguetes feitos de material reutilizado e a actuación do grupo de pandereteiras As Chivinhas.

 

© 11-12-2011 — Contacto: #15M Monte Alto — Actualizado: 28 diciembre, 2018 — Visitas totales: 11,475 — Últimas 24 horas: 4 — Conectados: 0