Consenso de mínimos

CONSENSO DE MÍNIMOS APROBADO EN ASEMBLEA POPULAR DA CORUÑA 22-05-2011
RATIFICADO NA ASEMBLEA CONSTITUTIVA DE MONTE ALTO 03-06-2011

1-ELIMINACIÓN DOS PRIVILEXIOS DA CLASE POLÍTICA:

• Control estricto do absentismo dos cargos electos nos seus respetivos postos. Sancións específicas por deixación das funcións.
• Supresión dos privilexios no pago de impostos, anos de cotización e monto das pensións.
• Equiparación do salario dos representantes electos ó salario medio español máis as dietas necesarias indispensables para o exercicio das súas funcións.
• Eliminación da inmunidade asociada ao cargo. Imprescriptibilidade dos delitos de corrupción.
• Publicación obrigatoria do patrimonio de tódolos cargos públicos.
• Reducción dos cargos de libre designación.

2-CONTRA O DESEMPREGO:

• Reparto do traballo fomentando reduccións da xornada e conciliación laboral ata acabar co desemprego estrutural (é dicir, ata que o desemprego descenda por debaixo do 5%).
• Xubilación aos 65 e ningún aumento na idade de xubilación ata acabar co desemprego da mocidade.
• Bonificacións para as empresas con menos dun 10% de contratación temporal.
• Seguridade de emprego: imposibilidade de despidos colectivos ou por causas obxectivas nas grandes empresas mentres haxa beneficios, fiscalización das grandes empresas para asegurar que non cubren con traballadores temporais empregos que poderían ser fixos.
• Restablecemento do subsidio de 426€ para tódolos parados de longa duración.

3-DEREITO Á VIVENDA:

• Expropiación por parte do Estado das vivendas construidas en stock que non se venderan para colocalas no mercado en réxime de alugueiro protexido.
• Axudas ó alugueiro para mozos e mozas e tódalas persoas de baixos recursos.
• Que se permita a dación en pago das vivendas para cancela-las hipotecas.

4-SERVICIOS PÚBLICOS DE CALIDADE:

• Supresión de gastos inútiles nas Administracións Públicas e control independente de orzamentos e gastos.
• Contratación de persoal sanitario ata acabar coas listas de espera.
• Contratación de profesorado para garanti-lo ratio de alumnos por aula, os grupos de desdobre e os grupos de apoio.
• Reducción do custo da matrícula en toda a educación universitaria, equiparando o prezo dos posgraos ó dos graos.
• Financiación pública da investigación para garanti-la súa independencia.
• Transporte público barato, de calidade e ecolóxicamente sostible: restablecemento dos trens que se están sustituíndo polo AVE cos prezos orixinais, abaratamento dos abonos de transporte, restricción do tráfico rodado privado no centro das cidades, construcción de carrís bici.
• Recursos sociais locais: aplicación efectiva da Lei de Dependencia, redes de coidadores locais municipales, servicios locais de mediación e tutelaxe.

5-CONTROL DAS ENTIDADES BANCARIAS:

• Prohibición de cualquera tipo de rescate ou inxección de capital ás entidades bancarias: aquelas entidades en dificultades deben quebrar ou ser nacionalizadas para constituir unha banca pública baixo control social.
• Elevación de impostos á banca de maneira directamente proporcional ó gasto social ocasionado pola crise xerada pola sú mala xestión.
• Devolución ás arcas públicas por parte dos bancos de todo capital público aportado.
• Prohibición de investimento de bancos españois en paraísos fiscais.
• Regulación de sancións aos movementos especulativos e á praxis bancaria.

6-FISCALIDADE:

• Aumento do tipo impositivo ás grandes fortunas e entidades bancarias.
• Eliminación das SICAV.
• Recuperación do Imposto sobre o Patrimonio.
• Control real e efectivo da fraude fiscal e da fuga de capitais a paraísos fiscais.
• Promoción a nivel internacional da adopción dunha taxa ás transaccións internacionais (taxa Tobin).

7-LIBERDADES CIUDADÁS E DEMOCRACIA PARTICIPATIVA:

• Non ó control da Internet. Abolición da Lei Sinde.
• Protección da liberdade de información e do periodismo de investigación.
• Referéndums obrigatorios e vinculantes para as cuestións de gran calado que modifican as condiciones de vida da cidadanía.
• Referéndums obrigatorios para toda introducción de medidas dictadas dende a UE.
• Modificación da Lei Electoral para garantir un sistema autenticamente representativo e proporcional que non discrimine a ningunha forza política nin vontade social, donde o voto en branco e o voto nulo tamén teñan a súa representación no lexislativo.
• Independencia do Poder Xudicial: reforma da figura do Ministerio Fiscal para garanti-la súa independencia, non ó nomeamento de membros do Tribunal Constitucional e do CXPX por parte do Executivo.
• Establecemento de mecanismos efectivos que garantan a democracia interna nos partidos políticos.

8-REDUCCIÓN DO GASTO MILITAR.

OUTROS PUNTOS PARA ENGADIR Ó DEBATE E Á ELABORACIÓN DE PROPOSTAS SUXERIDOS E APROBADOS POLA ASEMBLEA

 Migracións
 Reestructuración das Administracións Públicas
 Sostenibilidade e medio ambiente
 Xénero
 Relacións Norte-Sur

Un comentario para “Consenso de mínimos”

  • Estou totalmente dacordo na proposta d minimos sobre todo no desemprego
    Retiran subsidio + 55 años
    Ademas como autoempleo t cargan impuestos y gastos sin cotizar + desempleo RETA
    VOU A VOLVER COOP.INTERNACIOL :( EMIGRACION)
    EN TRABAJO D ALFABETIZACION A CUSCO PERU

    ASISTO REUNIONES ASAMBLEA MONTE ALTO
    SAUDE E TERRA”

Deja un comentario

© 11-12-2011 — Contacto: #15M Monte Alto — Actualizado: 28 septiembre, 2017 — Visitas totales: 9,890 — Últimas 24 horas: 1 — Conectados: 0