En novembro non teremos mercadiño de troco

Desde a Asemblea Popular do 15M de Monte Alto informámosvos de que, por problemas organizativos, non imos poder celebrar o noso mercadiño de troco mensual deste mes de novembro, que teóricamente sería mañá, sábado 26 .

Asemblea de outubro (2º xoves de mes)

Con motivo da celebración que tivo lugar este xoves ás 20 h dunha manifestación contra o infame e inxustificado ERE que Extel-Adecco e Movistar pretenden levar a cabo en todo o Estado (355 despidos) e que afecta a 205 traballadoras/es na Coruña decidimos adiar a nosa asemblea para o segundo xoves de outubro, día 13, ás 20 horas no Campo de Marte, coma sempre.

 

A charla-debate nesta ocasión será en favor dunha universidade galega pública, gratuita e de calidade. Falarase do ataque que supoñen as últimas reformas en materia educativa contra a nosa lingua, da implantación do modelo 3+2, da segregación clasista que supoñen os últimos recortes, etc. Para iso contaremos coa participación do colectivo estudantil Acción Universitaria e co sindicato estudantil Erguer.

 

Como sempre, haberá micro aberto, co cal as asistentes terán a posibilidade de participar, de xeito que poderemos aprender todas de todas.

Mercadiño de troco de setembro

 

 

 

O último sábado de cada mes desde a Asemblea Popular do 15M de Monte Alto organizamos un mercadiño de troco de 12 a 14 horas no Campo de Marte. O deste mes será o sábado 24 de setembro.

 

Consiste en que calquera persoa leva un número determinado de productos e pode recoller o mesmo número de productos. Non se emprega diñeiro, trátase de darlle un novo uso ás cousas.

Concentración pola defensa dos dereitos sociais

 

 

O próximo sábado, 10 de setembro, ás 19 horas, na praza do Toural (Santiago de Compostela) haberá unha concentración pola defensa dos dereitos sociais convocada pola Plataforma en defensa da Profesionalización dos Servizos Sociais.

Asemblea de setembro: racismo e represión contra @s inmigrantes

 

Como cada 1º xoves de mes o 1 de setembro celebraremos  a nosa Asemblea mensual no Campo de Marte ás 20 horas.

 

charla-debate nesta ocasión será sobre o racismo e a represión contra @s inmigrantes. Para iso contaremos con persoas do Foro Galego da Inmigración, quen nos falarán do aparato represivo da política migratoria (identificacións masivas, redadas racistas, detencións, centros de internamento de extranxeiros e operativos de deportación por terra, mar e aire…) e tamén con alguén da ONG SOS Racismo, quen avogan por reflexionar sobre os racismos cotidianos ou micro-agresións.

 

Como sempre, haberá micro aberto, co cal as asistentes terán a posibilidade de participar, de xeito que poderemos aprender todas de todas.

Mercadiño de troco de agosto

O último sábado de cada mes desde a Asemblea Popular do 15M de Monte Alto organizamos un mercadiño de troco de 12 a 14 horas no Campo de Marte. O deste mes será o sábado 27 de agosto.

 

O de agosto será un mercadiño de troco especial, xa que se cumplimos 5 anos desde que o comezamos a levar a cabo. Levarémolo a cabo, como aconteceu o mes pasado, xunto co Armario Comunal do Centro Social A Comuna, así que seguro que hai máis cousas para trocar. Ademais o mercadiño será temático, tentando facer especial fincapé no intercambio de material escolar, aproveitando que en setembro comezan as clases nos colexios.

 

Consiste en que calquera persoa leva un número determinado de productos e pode recoller o mesmo número de productos. Non se emprega diñeiro, trátase de darlle un novo uso ás cousas.

 

Vídeo do pregón alternativo 2016

Presentación alternativa das festas de María Pita (A Coruña), levada a cabo por compañeiros do 15M de Monte Alto, o mércores 3 de agosto deste ano. Trátase dunha suposta auditoría en vivo e en directo das festas do concello solicitada por un hipotético membro do concello (Xurxo Porreiro) e levada a cabo por un suposto auditor portugués da ONG “Auditamos Sem Fronteiras” (Santia Gomes Quino).

 

MÉRCORES 3: Asemblea de agosto (pregón alternativo)

 

 

Nesta ocasión vémonos na obriga de adiantar a asemblea de agosto ao primeiro mércores, día 3, no Campo de Marte ás 20 horas.

 

O prato forte, como ven sendo habitual nos meses de agosto dos últimos anos, será un “pregón alternativo”, consistente neste caso realmente nunha suposta auditoría das festas do concello levada a cabo en vivo e en directo por un hipotético auditor portugués da ONG “Auditamos Sem Fronteiras”.

 

Como sempre, haberá micro aberto, co cal as asistentes terán a posibilidade de participar, de xeito que poderemos aprender todas de todas. E si… tamén haberá petiscos para celebrar o comezo das festas da cidade.

 

Adiantamos o mercadiño de troco de xullo

 

Con motivo de que o sábado 30 de xullo haberá unha excursión ao  Seixo Branco (organizada conxuntamente polos centros sociais Ateneo Libertario Xosé Tarrío e A Comuna) á que varias de nós temos pensado asistir (para máis información ver evento en facebook: Excursión: Seixo Branco) e aproveitando que o centro social A Comuna celebra este sábado un día na rúa no Campo de Marte, que inclúe un armario comunal no horario do noso mercadiño de troco, decidimos adiantar o mercadiño de troco deste mes ao sábado 23 de xullo, de 12 a 14 horas (coma sempre) no Campo de Marte.

 

 

Lembrar que o noso mercadiño de troco consiste en que calquera persoa leva un número determinado de produtos e pode recoller o mesmo número de artigos. Non se emprega diñeiro, trátase de darlle un novo uso ás cousas.

 

 

 

Asemblea de xullo: Elviña, un conflito sen resolver

 

Como cada 1º xoves de mes o 7 de xullo celebraremos  a nosa Asemblea mensual no Campo de Marte ás 20 horas.

 

charla-debate nesta ocasión será “Elviña, un conflito sen resolver”, e correrá a cargo de xente da plataforma Elviña Non Se Vende, nacida tra-lo traumático desaloxo e derrubo da casa de Álvaro e Isabel e que está integrada pola veciñanza afectada polo Proxecto do Ofimático, a xente de San Vicente de Elviña e persoas solidarias do resto da cidade.  A súa reinvidicación principal é  a desafectación inmediata das vivendas do lugar integradas no plan urbanístico do Parque Ofimático e conservación do núcleo de San Vicente.

 

Como sempre, haberá micro aberto, co cal as asistentes terán a posibilidade de participar, de xeito que poderemos aprender todas de todas.

© 11-12-2011 — Contacto: #15M Monte Alto — Actualizado: 22 agosto, 2017 — Visitas totales: 9,822 — Últimas 24 horas: 3 — Conectados: 0