Plataformas

Plataformas das que formamos parte ou coas que colaboramos:

 

Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública A Coruña

Por unha sanidade pública, gratuita e de calidade para tod@s.

 

Boikot a Inditex

Plataforma na que nos coordinamos con distintos colectivos críticos para dar a coñecer e amosar o noso rexeitamento, a través de accións e difusión de información, ás políticas explotadoras, antiecolóxicas e patriarcais do grupo empresarial de Amancio Ortega (que inclúe as marcas Zara, Bershka, Stradivarius, Oysho, Kiddy’s Class, Uterqüe, Pull & Bear, Zara Home e Massimo Dutti).

O obxectivo da plataforma é, a través da extensión dun boikot ós seus productos, conseguir que a empresa mude no seu xeito de proceder e salientar a necesidade dun consumo responsable.

 

Stop Desafiuzamentos Coruña

Nodo da plataforma STOP Desahucios/Plataforma de Afectadxs pola Hipoteca na nosa cidade. Colaboramos na recollida de firmas para a Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) coa que se pretendía paralizar o drama dos desafiuzamentos desde unha proposta de mínimos, así como en todas aquelas accións de protesta e defensa de xente afectada.

 

Plataforma da Coruña de afectad@s por preferentes e subordinadas

Trátase dunha plataforma da Coruña e arredores (Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada) que pretende forzar aos políticos a ofrecer unha solución para tod@s os afectad@s por participacións preferentes ou débeda subordinada do seu ámbito de actuación. A entrada na mesma é aberta e gratuita.

Ditos produtos financeiros foron emitidos polas caixas de aforro e colocados a través de enganos a persoas non inversoras. Hai quen os considera o “corralito español”. Por iso, apoiamos en varias ocasións as súas mobilizacións que fixeron na nosa cidade.

 

A Coruña en loita

A Coruña en loita é unha plataforma aberta que naceu a comezos do ano 2012 por iniciativa do Grupo de traballo e laboral da Rede de barrios e vilas da Coruña do 15M e @s antigos empregad@s da Torre de Hércules. Comezou facendo un chamado aos traballadores e traballadoras da Coruña e comarca para unifica-la loita, baixo a consideración de que, no fondo, todos os problemas teñen básicamente as mesmas causas sistémicas.

Pronto convocou mobilizacións, nas que participamos, e axudou facendo presión en varios conflictos laborais (ERE en Mafecco, etc.).

 

Plataforma pola mobilidade da Coruña

A Plataforma pola Mobilidade naceu no 2011 co ánimo de abrir un espazo de reflexión e de debate constructivo sobre políticas de mobilidade e transporte urbano na cidade e comarca da Coruña. En marzo do presente fixeron as primeiras xornadas pola mobilidade sostible da comarca da Coruña, as cales tiveron repercusión en distintos medios de comunicación.

Nós participamos nalgunha das súas actividades, destacando o seu primeiro acto público, en contra da retirada do carril bus da cidade, durante o cal collemos distintas liñas de bus urbán e informamos da plataforma aos usuarios do mesmo.

 

Proxecto Cárcere

Esta plataforma considera ao antigo cárcere provincial da Coruña, actualmente en desuso, como un desafío á cidadanía coruñesa para intentar acadar a súa transformación, dun espazo de represión noutro representativo da convivencia libre, onde primen os usos sociais, culturais e educativos e onde a memoria histórica estea sempre presente

A nosa Asemblea asinou o seu manifesto, participou nun debate xunto con el@s, asistiu a algunha das súas asembleas e mesmo algún compañeiro participou no seu programa de radio en CUAC FM (Ondas no Cárcere).

 

 

Un comentario para “Plataformas”

  • Ola

    Chámome Santiago e pertenzo ó Frente Cívico Somos Maioría, da delegación de A Coruña. Como sabedes o día 1 de xuño hai convocada unha manifestación en toda Europa en contra da Troika, recortes, etc.

    Queremos coordinar cos diversos grupos e plataformas da cidade a manifestación para chegar ó maior número posible de persoas, elexindo un lugar de partida, unha hora, percorrido, etc. e así anuncialo públicamente. Non sei se xa tedes pensado nunha hora ou lugar, pero estaría ben coordinalo. Nos pensamos nas 19:00 da tarde no Obelisco, cun percorrido ata María Pita. En Santiago tamén comenzan a esa hora. Se tedes outra hora ou percirrido, parécenos ben, o importante é que non haxa descoordinación na convocatorias.

    Un saúdo.

Deja un comentario

© 11-12-2011 — Contacto: #15M Monte Alto — Actualizado: 22 agosto, 2017 — Visitas totales: 9,822 — Últimas 24 horas: 3 — Conectados: 0