Na actualidade xa gran parte das mulleres non soñamos con ser princesas nin raiñas; pero os nosos nenos aínda crecen escoitando historias do triunfo na conversión en príncipes e raiñas. Crecen escoitando contos que non representan a sua realidade, nin a realidade social na que vivimos, hoxe vimos nunha sociedade multicultural, caracterizada pola diversidade, que non é reflexada pola literatura infantil clásica. Esta literatura clásica que durante anos fomentou valores en decadencia que hoxe deberían estar mais ca caducos, como son a sumisión, o clasismo, a non expresión de sentimentos propiamente humanos : a inconformidade, os celos, o enfado…e que non aluden a normalización da homosexualidadee, á integración das persoas con discapacidades ou de etnias minoritarias, e seguese a mostrar imaxes da muller supeditada o home, ¡E vai sendo hora de que esto cambie! Accede o texto completo no seguinte enlace Guía sobre literatura infantil – Rede de Pais e Nais
Se queres consultar o resumo de títulos, coas temáticas que tratan e as idades recomendadas, podes consultalo nesta páxina: Pincha aquí
Ou ven descargalo no seguinte enlace: Pincha aquí para obter a táboa en formato PDF



