EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO: Charla temática y concentración 26 de Septiembre

O próximo 26 de setembro (luns) na Praza de Pontevedra da Coruña, frente aos emblemáticos I.E.S. “Eusebio da Guarda” e o C.E.I.P. “Eusebio da Guarda” -os dos centros escolares máis antigos da cidade- celebrarase ás 19:30 unha charla-concentración “En defensa do ensino público, en contra dos recortes e por un ensino de cualidade”, na que participarán profesoras profesores de primaria e de secundaria, nais, pais e alumnado da Coruña e Comarca.

Informarase en detalle sobre a gravísima política de recortes que afectan a todo o ensino público e que diminuirán de certo a cualidade da educación que reciben os nosos fillos nos colexios e institutos. Despois da charla desenvolverase unha sesión de micro aberto, na que poderá participar calquera cidadán ou cidadá que o desexe.

Coa charla preténdese contrarrestar a campaña de intoxicación mediática e de desprestixio que desde a Consellaría de Educación se está realizando contra o profesorado do ensino público, agora que se está a mobilizar pola defensa dos seus dereitos laborais e do seu labor docente, e tamén contra todo o sistema público de ensino, que tantas décadas de esforzos e loitas revindicativas costou conseguir. A Xunta quere ocultar os seus recortes, desviando a atención dos cidadáns, e intenta xustificar o inxustificábel, contribuíndo a desmontar un dos alicerces básicos do Estado de benestar, apoiando a conversión paulatina do servizo público esencial da educación en negocio lucrativo para empresas privadas e ordes católicas.

Manifestación por unha vivenda digna o 25 de Setembro as 18:00 dende Praza Ourense

Esta entrada fue publicada en Sin categoría. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>