Opcións de voto dentro do sistema electoral español

A asemblea de Palavea, Pedralonga e Santa Gema esta difundindo un panfleto con información resumida sobre as opcións de voto que hai no sistema electoral español e os seus efectos mais directos. O contido de dito panfleto e o seguinte:

VOTO A UN PARTIDO: Se o partido recibe mais do 3% do total de votos válidos, pode optar o reparto de escanos. Imos pagar entre tod@s: por cada escano que consigan 21.167,64€, por cada voto as súas candidaturas 0,81€ e, para financiar o envío de propaganda electoral, 0,22€ por elector. Isto supón un incremento respecto o que se pagou nos comicios do 2008.

VOTO EN BRANCO: Sobre sen papeleta ou cunha papeleta en branco. Contabilízase como voto válido. Inflúe no limiar do 3% para poder optar o reparto de escanos, o efecto mais directo do voto en branco é prexudicar os partidos minoritarios, potenciando o bipartidismo.

VOTO NULO: Sobre con varias papeletas, con papeletas rotas, pintadas,… Non se contabiliza como voto válido co cal non incrementa o límite do 3% para optar o reparto de escanos. Non prexudica os partidos minoritarios e mostra o descontento co funcionamento do sistema.

ABSTENCIÓN: Nesta opción inclúense os que por diversos motivos non van a votar. Favorece ao bipartidismo.

Esta entrada fue publicada en Sin categoría. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>