30-06-2011

ACTA:

Cambiouse lixeiramente o lugar de realización da asemblea, trasladándonos dende os bancos fronte da entrada do centro cívico o parque infantil que hai preto do mesmo centro.

O comezar a asemblea eramos 14 persoas, entre elas Polo, unha das persoas que pertence a Rede de Troco de A Coruña.

O primeiro punto tratado foi a rolda de prensa a celebrar o Sábado 1 de Xullo. Para preparar dita rolda de prensa convocouse unha reunión da comisión de coordinación interbarrios. A esta reunión están convocados membros das asembleas de Labañou, Montealto, Agra do Orzán e Palavea. Carmen ofrécese voluntaria como representante da asemblea de Palavea. Nos momentos posteriores, mentres Carmen e María coordinan a asistencia a reunión, fanse referencias a desvinculación das asembleas de barrio da Acampada Coruña.

Neste momento, Amparo, unha das asistentes a asemblea, comenta que inda somos moi poucos, pregunta que onde está a xente e que era necesario moita mais masa para que fose un movemento efectivo. Fai referencia a súa problemática familiar con tres dos seus netos en paro.

Trala intervención de Amparo, María pregunta si se dispón dunha mesa e un megáfono para poder realizar a rolda de prensa. Os membros de Palavea Bravú presentes na asemblea ofrecen unha mesa, un megáfono e papel para poder forrar a mesa e colgar carteis nela.

Aumenta o número de asistentes a 25. Algúns dos presentes mostran dúbidas sobre que é a asemblea, confundíndoa con algún tipo de ente do concello de A Coruña que está no barrio para recoller as peticións dos veciños.

Alfonso explica que non somos unha asociación de veciños, se non que pertencemos o grupo de poboación molesto pola actual situación social e política. Esta inquedanza e indignación se canaliza a través do movemento 15M. Inicialmente, este movemento convoca unha serie de manifestacións por toda España das cales, de forma espontánea, xurdiron as acampadas. Unha parte das persoas das acampadas, tras considerar esgotado o simbolismo inicial da acampada, cos obxectivos de mellorar en eficiencia e facer chegar o movemento o maior número de persoas posible, decidiron trasladalo os barrios.

Amparo volve a intervir mostrándose moi molesta coa realidade a que se enfronta a xente da súa familia.

Visto que a asemblea aparenta dispersarse en múltiples temas e non parece ter unha liña clara, Alfonso pide que se lea a orde do día que se definirá o final da asemblea anterior. Léese a orde do día tralo cal comeza a falarse da organización da xornada de troco.

Establécese un intercambio de opinións sobre o mellor día para celebralo. Como o día 10 de Xullo se solaparía a celebración do evento coa feira de Vilaboa e que, ademais, Palavea Bravú ten organizada unha actividade para a mesma data, proponse como alternativa o día 9 de Xullo. Sen que ninguén mostre a súa oposición, apróbase o día 9 de Xullo como día para celebrar a xornada de troco.

Nese momento a asemblea lle solicita a Polo información sobre como se organizaría o evento. Menciona que Rede de Troco é un banco de tempo a través do cal se intercambian servizos. Ademais fomentan os trocos nos barrios, animando os veciños a intercambiar obxectos en bo estado e que non usen, centrándose nas necesidades de cada quen e non no valor monetario.

En canto o evento concreto que se trata, indica que nos temos que decidir o día, darlle promoción e que algún dos seus membros virá o día de celebración do evento a axudar na organización do mesmo.

En canto as normas que rexen a celebración das xornadas comenta o seguinte:

  • Cada persoa que queira participar nas xornadas debe presentarse cos obxectos en bo estado e que non utilice no lugar de celebración das mesmas.
  • No momento de chegar, a persoa ou persoas de Rede de Troco presentes no evento lle entregarán a cada participante nas xornadas un ticket coas normas e o número de obxectos que aporta.
  • Se entregas tres obxectos tes dereito a recoller outros tres obxectos independentemente do valor monetario dos que aportas ou dos que recolles, xa que o obxectivo é intercambiar necesidades.
  • Se non encontras nada que che convenza entre os obxectos expostos podes deixar os teus alí durante a duración das xornada.
  • É moi importante que, a hora de finalización da xornada, cada participante se presente para recoller aqueles obxectos que aportou e que ninguén quixo.

Tralas explicacións sobre a mecánica de funcionamento, comeza un intercambio de opinións sobre a necesidade ou non de solicitar un permiso para a celebración das xornadas. Comentase que o non ter o obxectivo de obter unha ganancia comercial non é necesario solicitar permiso. Polo comenta que as veces se pide o permiso e outras veces non, pero que a policía municipal ten un comportamento correcto e non interfire na realización das xornadas de troco. Menciónase que se os organizadores non forman unha ONG, o simple feito de ocupar espazo público pode supor a necesidade de pagar un prezo pola ocupación de espazo. A asemblea decide non solicitar permiso por ser un intercambio obxectos entre veciños que xa se realiza moitas veces de forma espontánea.

A continuación discútese cal é o mellor lugar para celebrar a xornada e se propoñen dous; a explanada diante do centro cívico ou a explanada situado o lado do parque infantil. Abandónase este punto sen chegar a unha conclusión final.

Coméntase que sería unha boa ídea que participasen nenos na xornada de troco.Faise mención a que, moitas veces, os nenos do barrio xa fan trocos na praza e que seguro que o día da xornada participan.

Neste momento trátase o tema de como dar publicidade o evento. Proponse poñer unha frase simple como XORNADA DE TROCO NA PRAZA e o horario de realización. Hai persoas que propoñen que no cartel figure claramente indicado o da asemblea popular de Palavea, Pedralonga e Santa Gema, mentres outros indican que ten que figurar referencias o movemento 15M co fin de clarificar os obxectivos da asemblea.

En canto a forma de darlle publicidade o evento, Maruxa comenta que, inda que os carteis poidan atraer a algunha persoa, o mellor mecanismo é o boca o boca dentro dos barrios.

Durante a celebración das xornadas vanse repartir pequenos panfletos anunciando a asemblea temática sobre Banca e Hipotecas, e María, de ADICAE, fará unha pequena presentación da asemblea temática.

Reiterase o acordo sobre os días de celebración dos eventos:

  • Día 9 de Xullo. Xornada de Troco coa colaboración da Rede de Troco de A Coruña.
  • Día 14 de Xullo. Asemblea Temática sobre Banca e Hipotecas impartida por ADICAE.

Respecto a celebración das próximas asembleas se fan as seguintes propostas aceptadas pola asemblea:

  • Victoria propón tratar un número limitado de puntos en cada asemblea, 2 ou 3, e deixar tempo para intervir os asistentes e que dean a súa opinión.
  • Alfonso propón facer unha pequena intervención inicial na que se explique que é o movemento 15M e que é a asemblea popular de Palavea, Pedralonga e Santa Gema.

A necesidade de explicar que é a asemblea popular, como se integra no movemento 15M e cales os obxectivos que persegue reiterase cando, trala chegada de novas persoas, volven a xurdir as dúbidas sobre o movemento e a planificación. María e Alfonso explican estes puntos.

En canto o blog, coméntase a posibilidade de realizar un concurso de ideas para seleccionar a imaxe do frontal. Propóñense como métodos para publicitar o concurso o propio blog, o facebook de Palavea Bravú e o mercadillo.

O fío deste tema Alfonso propón a posibilidade de estender a presenza en Internet da asemblea o facebook. Maruxa propón formar un grupo de facebook. Abandónase este punto sen unha decisión sobre o mesmo.

Aparecen algunhas dubidas sobre a realización da rolda de prensa. Inicialmente non se sabe os medios confirmados e se comenta que a hora é as 10:00 da mañá.

Remata a asemblea convocándonos para o xoves que ven no mesmo lugar.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>