Quen Somos?

MOVEMENTO 15-M “A CORUÑA TOMA OS BARRIOS”

Quen somos?

Somo xente como ti, xente que se levanta tódalas mañás a traballar, a buscar traballo, a estudar,… Xente que traballa tódolos días para vivir a dar un futuro mellor os que nos rodean. Somos persoas libres, preocupadas e indignadas polo actual panorama político, económico e social que vemos o noso arredor.

Que é o movemento 15-M?

É a expresión da indignación da cidadanía en todo o Estado e en outros países do mundo fronte a:

  • A falla de democracia real e os límites dos mecanismos de participación que temos os e as cidadás.
  • As medidas tomadas polos nosos supostos representantes políticos ante a crise económica mundial que foi provocada polo poder financeiro e os seus comportamentos irresponsables, criminais, coa tolerancia ou colaboración do poder político. Estas medidas supoñen un ataque directo ós dereitos económicos, sociais e culturais da cidadanía en todo o mundo. Un ataque ós Dereitos Humanos.
  • A exclusión social de amplos sectores da poboación, mentres se produce unha concentración absoluta tanto do poder político como do económico.

Que son as Asembleas Cidadás de Barrio?

Un salto fundamental na evolución do Movemento 15M son as asembleas abertas cidadás nos barrios e a creación de grupos de traballo nestas para elaborar demandas e propostas que afectan ó barrio e á cidadanía no seu conxunto.

Cada asemblea de barrio é autónoma e progresivamente, segundo se vaian desenvolvendo, coordinaranse para realizar accións, demandas e propostas conxuntas a nivel municipal, autonómico ou estatal. Este proceso xa se iniciou en cidades como Madrid, Barcelona, A Coruña e outras con grande éxito de participación.

As asembleas serán o que os e as veciñas decidan e queiran ser.

Participemos, deixemos de delega-lo curso das nosas vidas en poderes afastados. Xuntos e xuntas podemos decidir e inventa-la forma para tomalas rendas das nosas vidas, para poñe-las necesidades dos seres humanos no centro deste sistema e cambiar o que sexa necesario cambiar.

Non somos mercadoría en mans de políticos e banqueiros.

Puntos de partida

Aprobados nas asembleas de Agra do Orzán e Montealto, pendentes de aprobación no resto de asembleas.

1-ELIMINACIÓN DOS PRIVILEXIOS DA CLASE POLÍTICA:

-Control estrito do absentismo dos cargos electos nos seus respectivos postos. Sancións específicas por abandono de funcións.

-Supresión dos privilexios no pago de impostos, anos de cotización e monto das pensións.

-Equiparación do salario dos representantes electos ao salario medio español máis as dietas necesarias indispensables para o exercicio das súas funcións.

-Eliminación da inmunidade asociada ao cargo. Imprescriptibilidade dos delitos de corrupción.

-Publicación obrigatoria do patrimonio de todos os cargos públicos.

-Redución dos cargos de libre designación.

2-CONTRA O DESEMPREGO:

-Repartición do traballo fomentando reducións de xornada e conciliación laboral até acabar co desemprego estrutural (é dicir, ata que o desemprego descenda por baixo do 5%).

-Xubilación aos 65 e ningún aumento na idade de xubilación até acabar co desemprego xuvenil.

-Bonificacións para aquelas empresas con menos dun 10% de contratación temporal.

-Seguridade no emprego: imposibilidade de despedimentos colectivos ou por causas obxectivas nas grandes empresas mentres haxa beneficios, fiscalización das grandes empresas para asegurar que non cubran con traballadores temporais empregos que poderían ser fixos.

-Restablecemento do subsidio de 426 euros para todos os parados de longa duración.

3-DEREITO Á VIVENDA:

-Expropiación por parte do Estado das vivendas construídas en stock que non se venderon para colocalas no mercado en réxime de aluguer protexido.

-Axudas ao aluguer para mozos e todas aquelas persoas de baixos recursos.

-Que se permita a dación en pago das vivendas para cancelar as hipotecas.

4-SERVIZOS PÚBLICOS DE CALIDADE:

-Supresión de gastos inútiles nas Administracións Públicas e control independente de orzamentos e gastos.

-Contratación de persoal sanitario até acabar coas listas de espera.

-Contratación de profesorado para garantir o cociente de alumnos por aula, os grupos de desdobre e os grupos de apoio.

-Redución do custo de matrícula en toda a educación universitaria, equiparando o prezo dos posgraos ao dos graos.

-Financiamento público da investigación para garantir a súa independencia.

-Transporte público barato, de calidade e ecoloxicamente sustentable: restablecemento dos trens que están substituíndo polo AVE, cos prezos orixinarios, abaratamento dos abonos de transporte, restrición do tráfico rodado privado no centro das cidades, construción de carrís bici.

-Recursos sociais locais: aplicación efectiva da Lei de Dependencia, redes de coidadores locais municipais, servizos locais de mediación e tutelaxe.

5-CONTROL DAS ENTIDADES BANCARIAS:

-Prohibición de calquera tipo de rescate ou inxección de capital a entidades bancarias: aquelas entidades en dificultades deben crebar ou ser nacionalizadas para constituír unha banca pública baixo control social.

-Elevación de impostos á banca de maneira directamente proporcional ao gasto social ocasionado pola crise xerada pola súa mala xestión.

-Devolución ás arcas públicas por parte dos bancos de todo capital público achegado.

-Prohibición de investimento de bancos españois en paraísos fiscais.

-Regulamento de sancións aos movementos especulativos e á mala praxe bancaria.

6-FISCALIDADE:

-Aumento do tipo impositivo ás grandes fortunas e entidades bancarias.

-Eliminación das SICAV.

-Recuperación do Imposto sobre o Patrimonio.

-Control real e efectivo da fraude fical e da fuga de capitais a paraísos fiscais.

-Promoción a nivel internacional da adopción dunha taxa ás transaccións internacionais (taxa Tobin).

7-LIBERDADES CIDADÁS E DEMOCRACIA PARTICIPATIVA:

-Non ao control de Internet. Abolición da Lei Sinde.

-Protección da liberdade de información e do xornalismo de investigación.

-Referendos obrigatorios e vinculantes para as cuestións de gran calado que modifican as condicións de vida dos cidadáns.

-Referendos obrigatorios para toda introdución de medidas ditadas dende a UE.

-Modificación da Lei Electoral para garantir un sistema autenticamente representativo e proporcional que non discrimine a ningunha forza política nin vontade social, onde o voto en branco e o voto nulo tamén teñan a súa representación no lexislativo.

-Independencia do Poder Xudicial: reforma da figura do Ministerio Fiscal para garantir a súa independencia, non ao nomeamento de membros do Tribunal Constitucional e do CGPJ por parte do Executivo.

-Establecemento de mecanismos efectivos que garantan a democracia interna nos partidos político.

8-REDUCIÓN DO GASTO MILITAR.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>