27-08-2011 – Xuntanza Indignada en Cambre

O 27 de Agosto, no campo da feira de Cambre, vaise celebrar un xuntanza de tódalas asembleas de barrios e vilas de A Coruña pertencentes o movemento 15M. O programada das xornadas é o seguinte:

  • 12:00 – Presentación da xuntanza por asembleas de barrios e vilas de A Coruña.
  • 12:30 – Xornada de Troco organizada pola asemblea de Palavea.
  • 13:00 – Galicia e a crise enerxética global. Charla organizada por Verdegaia.
  • 13:00 – Asemblea de nenos. Organiza asemblea de Monte Alto.
  • 14:00 – Comida campestre.
  • 16:00 – A situación actual, análise e alternativas, impartida polo movemento cidadá ATTAC.
  • 18:30 – A degradación do ensino público. Impartida pola asemblea de Agra do Orzán. Os recortes en sanidade, impartida pola plataforma pola sanidade.
  • 20:00 – Asemblea xeral da xuntanza indignada.
  • 21:30 – Sesión de audiovisuais: “A realidade do 15M”
  • 22:30 – Concerto indignado.

As normas de participación na xornada de troco son as seguintes:

  • Achégate o lugar de celebración da xornada con todos aqueles obxectos que teñas en bo estado pero que non necesites ou non uses. Calquera cousa e susceptible de troco; ferramentas, libros, roupa, comida,…
  • Rede de Troco che entregará un vale no que figuran as normas da xornada e o número de obxectos que aportas.
  • Se entre os obxectos que neses momentos haxan expostos, atopas algún que necesites, podes collelo. Entregar 3 obxectos date dereito a coller outros 3 obxectos, xa que o obxectivo da xornada e trocar necesidades, non valores monetarios de obxectos. De todas formas, os participantes poden decidir calquera outro cociente de intercambio en función das súas necesidades, por exemplo, tres obxectos por un.
  • Se non hai ningún obxecto exposto que necesites, podes esperar ou ir a dar unha volta.
  • A hora de peche da xornada e moi importante que te presentes no lugar de realización para recoller aqueles obxectos teus que finalmente non quixo ningunha outra persoa. Ningunha das persoas que participan na organización das xornadas dispón de espazo para almacenar obxectos.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>