18-08-2011

Determínase a seguinte orde do día:

  • Xuntanza Indignada en Cambre.
  • Asemblea Interbarrios.

1.  Xuntanza Indignada en Cambre

Falase da organización do evento e menciónanse os seguintes puntos:

  • Sobre as 10:00 os membros da asemblea de Cambre e todos aqueles que queiran participar, están convocados no lugar de realización do evento para montar toda a infraestructura. Angeles levará uns toldos de obra para utilizalos da forma que se precise.
  • A Asemblea de Cambre faranos chegar o programa definitivo a través do Facebook de Indignados Palavea.
  • Vanse facer 100 camisetas para vender no evento.
  • Conchi comenta que se vai realizar o final do día unha asemblea conxunta na que se tratarán unha serie de puntos cun tempo concreto para cada deles e logo unha quenda de micro aberto. Vanse tratar os seguintes puntos:
  1. Logros do 15M.
  2. Cómo se vai a afrontar o futuro:
  • A mediados de Setembro se vai a convocar unha manifestación en prol da educación pública e contra os recortes.
  • O 15 de Outubro vaise organizar unha manifestación en prol dun vivenda digna.
  • De cara o 20N estanse a preparar diferentes actos, entre eles diversos tipos de información sobre os distintos de voto e os seus efectos.

Sobre as actividades da nosa propia asemblea durante a celebración do eventos, coméntase:

  • Proponse invitar a rede de Troco de A Coruña o evento, posto que nos axudaron a organizar o anterior evento e foron de moita axuda. Conchi ofrécese como punto de contacto con eles posto que forma parte de dita rede.
  • Chelo propón levar uns cantos folletos (unhas 50 copias) sobre a nosa asemblea. Proponse modificar o documento de presentación da asemblea, resumindo nunha soa cara os 8 puntos básicos de consenso e recollendo cales son as actividades que levou a cabo a asemblea popular de Palavea, Pedralonga e Santa Gema ata día de hoxe. Manuel propón realizar as modificacións no documento e enviarllo o resto da asemblea por correo. Neste documento deben recollerse os seguintes puntos:
  1. Rede de Pais e Nais.
  2. Organización de eventos como a xornada de troco, a asemblea sobre banca e hipotecas e a rolda de prensa do movemento 15M.
  3. Documento sobre as carencias mais sangrantes do barrio e que afectan dunha forma mais notable a calidade de vida de tódolos veciños: sanidade, educación, infraestructuras, urbanismo descontrolado,…
  4. Colaboración coa rede Stop Desahucios de A Coruña.
  5. Lugar e hora de realización das asembleas.
  • Proponse levar as pancartas de mobilizacións anteriores como reclamo e dispolas o redor do espazo utilizado para a xornada de troco.
  • Conchi comenta que van a dispoñerse unha serie de mesas con información sobre as diferentes asembleas e que os membros da asemblea de Cambre xa teñen repartidos os espazos para as diferentes asembleas. Vai ir o sábado coa xente de Montealto a ver o sitio que cada un ten asignado.
  • Varios membros da asemblea mencionan que sería necesario organizar a recollida de obxectos durante a xornada de troco e que todo o mundo coñeza as regras que rexen a celebración das mesmas. Proponse colgar un anuncio no blog para recoller as normas, e que, cando unha persoa se presenta na xornada comentarlle as normas de palabra. É necesario facer fincapé en que a asemblea non ten capacidade para recoller todos aqueles obxectos que a xente non quere e que cada un ten que pasar a recoller todos aqueles obxectos que levou e que a xente non quere.
  • Coméntase que, dependendo da duración do evento, será necesario organizar algún tipo de quendas para non deixar desatendidos os obxectos da xornada de troco. Parece que, polo que se coñece da planificación inicial, a xornada de troco vai durar un par de horas co cal non se trata o tema das quendas e quen se vai facer cargo en cada momento da organización do troco.
  • Acórdase publicar un anuncio no blog sobre os eventos que se van a realizar en datas próximas:
  1. Xornada de Troco en Montealto.
  2. Xuntanza indignada en Cambre.

Neste punto establécese un intercambio de opinións sobre quen somos, que estamos a intentar facer e cales son as funcións reais da asembleas de barrios. Parte da asemblea cree que non temos unha liña de actuación clara que fai que os nosos esforzos se dispersen. Outra parte da asemblea comenta que si se están a facer cousas, pequenos movementos que suman, que nos xuntamos na rúa todos os xoves, sacrificando un parte do noso tempo. Ademais se comenta que fai falla tempo e que é imposible en dous días facer o que a xente que leva as rendas do pais non fai capaz de levar a cabo en 30 anos. Coméntase, como movementos positivos levados a cabo pola asemblea, a colaboración coa rede Stop Desafiuzamentos de A Coruña no caso da veciña afectada por un embargo, a colaboración con Cambre na mobilización en prol do servizo de transporte para as persoas con disparidade funcional e o documento que se está a elaborar sobre as deficiencias do barrio.

2. Asemblea Interbarrios.

Partindo de que a maior parte da información tratada na asemblea interbarrios vaise publicar na acta, tratase como único punto relevante a financiamento.

Polo que se comenta, o blog e o dominio utilizado para a rede de barrios de A Coruña, foi financiado por unha soa persoa da que non se comenta a súa identidade.

O mesmo tempo, falase da financiamento das 100 camisetas que se van realizar para o evento organizado por Cambre. Os cartos para facer as camisetas recolléronse na asemblea interbarrios mediante achegas voluntarias mais un fondo de aportado por Montealto. Vanse vender a 6,5 euros. Cos ingresos se lle reintegrará as achegas a Montealto e os asistentes da asemblea interbarrios. O resto queda como fondo para futuros eventos.

De forma colateral comentase que, na anterior asemblea, decidiuse establecer un pequeno fondo de 2 euros por persoa para financiar fotocopias e demais material comprado polos membros da asemblea nos diferentes actos. Proponse que cada persoa que se encargue dunha tarefa achegue o ticket de compra e se lle reembolsen os gastos. Comentase que Chelo ofreceuse como persoa para centralizar a recollida de fondos.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>