08-09-2011

Orde do día

Fixouse a seguinte orde do día:

  • I Xuntanza indignada en Cambre.
  • Protesta diante das oficinas de Santander Consumer Finance: Acción da plataforma Stop Desahucios en apoio a nosa veciña Esther.
  • Asemblea Interbarrios

I Xuntanza Indignada en Cambre

Destacouse en primeiro lugar o gran interese das charlas organizadas.

Sobre a xornada de troco comentouse a boa sintonía coas persoas doutras asembleas que aportaron obxectos a xornada. Ademais, todas as persoas que deixaron algún obxecto se presentaron o final da tarde a recoller aqueles que non se trocaran.

O único pero que se puxo foi o feito de que se solapase a realización da xornada con outros eventos, o que se xuntou con que estivo o troco operativo ata última hora da tarde, impedindo que parte dos membros da nosa asemblea asistisen as charlas e outros eventos.

De todas formas volveuse a destacar o gran interese dos eventos organizados e o boa sintonía reinante.

Protesta diante das oficinas de Santander Consumer Finance: Acción da plataforma Stop Desahucios en apoio a nosa veciña Esther

Esther comentou como se presentaron diante da financieira Santander Consumer Finance e non puideron acceder as oficinas. Pese a elo, diante da oficina se despregaron diferentes pancartas e panfletos, e se fixo notar a concentración de xente con canticos.

Deron cobertura o evento varias cadeas de radio e a TVG.

Esther e Jose Miguel (Stop Desahucios) foron entrevistados pola SER.

Como feito principal destacar que Esther sentiuse arroupada e que considera positivo o acto de protesta.

Asemblea Interbarrios

Comentase que parece existir pouca coordinación entre grupos que poden ter un conxunto de obxectivos común, como poden ser as asembleas de barrio, o grupo da asemblea do Obelisco, DRY,… e que habería que buscar un mecanismo transparente de coordinación entre todos estes grupos.

Coméntanse as diferenzas que xurdiron na reunión interbarrios entre parte das asembleas de barrio e grupo do Obelisco e que non consideran que sexa positivo que estes últimos se presenten nos barrios, como parte da asemblea interbarrios, tentando obxectivos diferentes e non consensuados como, por exemplo, formar un partido político.

Chelo propón fixar na asemblea do xoves as persoas que se van presentar na asemblea interbarrios do lúns seguinte. Varios membros da asemblea comentan que as 19:00 e demasiado temprano para moitos dos que traballamos.

Proponse como tema para debater nunha futura asemblea Interbarrios un cambio de hora para a mesma, xa que, as 19:00 é moi cedo para moita xente que traballa e se fai practicamente imposible chegar a estes eventos.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>