25-06-2011

ASISTENTES:

Conchi (Elviña), Chelo (Pedralonga), Victoria (Palavea), Ángeles (Palavea), María (ADICAE), Carmen (Palavea), Laura (Palavea), Alfonso (Palavea), Maruxa (Palavea), María (Peiro), Raquel (Santa Gema) e Manuel (Santa Gema).

ACTA:

O comezar a asemblea, mentres estábamos de pé, diante do centro cívico de Palavea e cando inda ninguén estaba a tomar notas, Conchi estivo falando da asemblea de Monte Alto e de como estaban organizándose. Describiu as diferentes comisións da asemblea, as súas funcións e aquelas comisións das que formaba parte. Fíxose unha primeira mención os bancos de tempo. Comentouse que era unha estrutura moi complexa e que nos eramos moi poucos.

Proponse a ídea de organizar un evento sinxelo que nos permita organizar unha primeira tarefa conxunta, que de a coñecer a asemblea e permita atraer mais xente.

O fío de atraer mais xente se propón que a asemblea se estenda as zonas limítrofes con Palavea, ampliando o alcance a Castro de Elviña e a Zapateira. Fanse referencias a varias formas de propagar información da asemblea; contacto coa asociación de veciños do Castro de Elviña, o boca o boca utilizando o bar como punto de contacto.

Xurde por primeira vez o existencia do “Blog dos barrios” como punto central de presenza en Internet e difusión de información das asembleas de barrio. Manuel ofrecese a dar de alta a información no blog e servir como punto de contacto para recibir os carteis e distribuílos entre o resto da asemblea.

Volvendo o punto de atraer a mais xente o dar publicidade de a un primeiro evento se comenta a necesidade de crear carteis ou algo similar. O fío de este punto se propoñen dous posibles primeiros eventos:

  • Mercado de troco diante do Centro Cívico de Palavea.
  • asemblea temática ou charla centrada no tema de banca e hipotecas.

Comentase si para este tipo de eventos é necesario pedir permiso. Alfonso comenta que para organizar unha manifestación foi suficiente con presentar na delegación do goberno unha solicitude ou permiso firmada por 3 persoas. Seguindo este razoamento, e non sendo o mercadillo de troco unha actividade comercial, non parece necesario ningún permiso especial.

Proponse a idea de contactar con Rede de Troco para que organicen en Palavea o mercadillo. A ídea é levar cada persoa os obxectos que pretenda trocar e que os membros de Rede de Troco coordinen/organicen o intercambio.

Establecese un intercambio de opinións sobre cal dos dous eventos propostos sería mellor organizar primeiro. Algúns dos presentes propoñen realizar os dous eventos o mesmo día. O final parece aceptado por todos os presentes organizar primeiro o mercadillo de troco e utilizar este evento como forma de dar a coñecer a asemblea temática sobre banca e hipotecas.

Xurde novamente a idea sobre a necesidade de difundir a existencia da asemblea. Se propón deseñar uns carteis e distribuílos, tanto para publicitar os eventos como para comunicar que todas as semanas se reúne a asemblea de Palavea diante do centro cívico.

Coméntase que non sería bo facer coincidir o mercadillo de troco coa feira de Vilaboa, que será o Domingo día 10 de Xullo. Inicialmente parece acordarse que sería mellor realizar o evento o día 3 de Xullo. Neste momento se comenta que sería bo asesorarse previamente cos membros de Rede de Troco sobre a organización do evento co cal parece que o día 3 é moi precipitado. Neste momento se propón:

  • Organizar unha reunión cos membros de rede de troco na seguinte asemblea.
  • Facer o mercadillo o día 10 de Xullo.

Establecese un intercambio de opinións sobre o nome da asemblea. Proponse asemblea POPULAR DE PALAVEA, PEDRALONGA E SANTA GEMA.

A continuación se fala sobre a posibilidade de solicitar un local para xuntarse, por exemplo, solicitándoo o centro cívico. Coméntase que primeiro é necesario constituírse como asociación posto que a asemblea de Monte Alto llo pediron como requisito previo a asignación dun local. A continuación proponse solicitar o centro cívico información sobre qué requisitos son necesarios para poder solicitar un local regularmente no devandito centro. De todas formas se propón que, mentres o clima o permita, continuar as reunións na rúa, como forma de dar visibilidade as reunións.

De cara o mercadillo que se pretende organizar con rede de troco, se decide esperar a ter un xuntanza con eles antes de decidir a hora de realización.

Establece un intercambio de opinións sobre o mercadillo. Coméntase que principalmente se intercambian libros e roupa.

Proponse como data de realización da asemblea temática de bancos e hipotecas o día 14 de Xullo. De cara a realizar este cartel se propón poñer unha mensaxe curta ou pregunta que atraia a atención. Por exemplo: ¿Tes hipoteca? ¿Estas queimado? Infórmate o día 14 de Xullo diante do centro cívico de Palavea.

Xusto a continuación exponse a necesidade de definir unha orde do día para a seguinte asemblea. Desta forma evitariamos non saber sobre que tema falar e dispersarnos en múltiples temas.

Por primeira vez na reunión proponse como tema de conversa as necesidades do barrio. Menciónanse as seguintes:

  • Centro de saúde.
  • Polideportivo.
  • Colexio.
  • Pasarela de Pedralonga.

Xurde a idea da reutilización de infraestruturas. Polo que puiden entender podería ser algo como un convenio entre o Concello e, por exemplo, o SERGAS para ceder unha parte do centro cívico para uso médico de forma permanente durante unha serie de anos ou uns días a semana.

Como día para as seguintes asembleas se decide como mellor día o Xoves e a hora entre as 20:00 e as 20:30. Como puntos a tratar na seguinte asemblea se propoñen os seguintes:

  • Convocar os membros de Rede de Troco para coordinar o evento do día 10 de xullo.
  • Presentar ideas sobre carteis.
  • Coordinar a pegada dos carteis.
  • Decidir o tipo de información que se vai presentar durante a celebración do mercadillo para dar a coñecer a charla sobre banca e hipotecas.
  • Presentar información recompilada sobre o dereito a reunión en España para evitar o que, unha parte de nos, percibe como un exceso de presión por parte da policía municipal. Dous axentes se presentan tódolos días nos que se celebrou a asemblea segundo eles a informar.

RESUMO:

Inicialmente acordase que o nome da asemblea será asemblea POPULAR DE PALAVEA, PEDRALONGA E SANTA GEMA.

Fíxase como día e hora para realizar as asembleas os Xoves as 20:15 a lo menos durante o verán. O lugar da seguinte asemblea será o mesmo; parque diante do centro cívico de Palavea.

A seguinte asemblea, a celebrar día 30 de Xuño, terá a seguinte orde do día:

  • Coordinar cos membros de Rede de Troco o mercadillo do día 10 de xullo.
  • Presentar ideas sobre carteis e seleccionar aqueles que parezan mais adecuados.
  • Coordinar a pegada dos carteis.
  • Decidir o tipo de información que se vai presentar durante a celebración do mercadillo para dar a coñecer a charla sobre banca e hipotecas.
  • Presentar información recompilada sobre o dereito a reunión en España para evitar o que, unha parte de nos, percibe como un exceso de presión por parte da policía municipal.

Sobre os eventos a realizar:

  • O día 10 se Xuño se celebrará un mercado de troco diante do centro cívico de Palavea, organizado por Rede de Troco.
  • O día 14 de Xuño se celebrará unha charla informativa sobre banca e hipotecas que impartirá María da asociación ADICAE.

Sobre os carteis e panfletos se acordou crear:

  • Un cartel xenérico sobre a convocatoria de asemblea tódolos xoves as 20:15 diante do centro cívico de Palavea.
  • Un cartel sobre o mercado de troco a realizar o día 10 de Xuño.
  • Un cartel sobre a asemblea temática sobre banca e hipotecas.
  • Unha folleto informativo sobre a asemblea temática para repartir durante o mercadillo.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>