9-7-2011: Xornada de Troco

Sábado 9 de Xullo, diante do centro cívico de Palavea de 11:00 a 14:00

Colabora Rede de Troco da Coruña

Normas de funcionamento das xornadas

A mecánica de funcionamento das xornadas será a seguinte:

  • Achégate o lugar de celebración da xornada con todos aqueles obxectos que teñas en bo estado pero que non necesites ou non uses. Calquera cousa e susceptible de troco; ferramentas, libros, roupa, comida,…
  • Rede de Troco che entregará un vale no que figuran as normas da xornada e o número de obxectos que aportas.
  • Se entre os obxectos que neses momentos haxan expostos, atopas algún que necesites, podes collelo. Entregar 3 obxectos date dereito a coller outros 3 obxectos, xa que o obxectivo da xornada e trocar necesidades, non valores monetarios de obxectos. De todas formas, os participantes poden decidir calquera outro cociente de intercambio en función das súas necesidades, por exemplo, tres obxectos por un.
  • Se non hai ningún obxecto exposto que necesites, podes esperar ou ir a dar unha volta.
  • A hora de peche da xornada e moi importante que te presentes no lugar de realización para recoller aqueles obxectos teus que finalmente non quixo ningunha outra persoa. Ningunha das persoas que participan na organización das xornadas dispón de espazo para almacenar obxectos.

Porque a nosa principal ferramenta de cambio social é o consumo. Por un consumo responsable. Acude.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>