Xuntanza indignada o 27 de Agosto en Cambre

O 27 de Agosto, no campo da feira de Cambre, vaise celebrar un xuntanza de tódalas asembleas de barrios e vilas de A Coruña pertencentes o movemento 15M. O programada das xornadas é o seguinte:

  • 12:00 – Presentación da xuntanza por asembleas de barrios e vilas de A Coruña.
  • 12:30 – Xornada de Troco organizada pola asemblea de Palavea.
  • 13:00 – Galicia e a crise enerxética global. Charla organizada por Verdegaia.
  • 13:00 – Asemblea de nenos. Organiza asemblea de Monte Alto.
  • 14:00 – Comida campestre.
  • 16:00 – A situación actual, análise e alternativas, impartida polo movemento cidadá ATTAC.
  • 18:30 – A degradación do ensino público. Impartida pola asemblea de Agra do Orzán. Os recortes en sanidade, impartida pola plataforma pola sanidade.
  • 20:00 – Asemblea xeral da xuntanza indignada.
  • 21:30 – Sesión de audiovisuais: “A realidade do 15M”
  • 22:30 – Concerto indignado.

Mais información

Publicado en Convocatorias | Deja un comentario

Xornada de Troco en Montealto o Sábado 20 de Agosto

O sábado 20 de Agosto vaise celebrar unha xornada de troco organizada pola asemblea de Montealto.

Xornada de troco en Montealto o sábado 20 de Agosto

Publicado en Convocatorias | Deja un comentario

Marcha Popular Indignada o 23 de Xullo

O día 23 de Xullo, coincidindo coa chegada a Madrid, procedente de mais de 20 cidades de españa, da marcha popular indignada, estase a organizar unha mobilización dende tódolos barrios e vilas de A Coruña.
Lugar inicial de concentración: 18:00H Diante do centro cívico de Palavea.
Xuntanza de tódolos barrios e vilas: 20:00H na Praza de Ourense en A Coruña
Posteriormente realizarase unha manifestación pacífica ata a praza de María Pita. Segue lendo

Publicado en Convocatorias | Deja un comentario

Asemblea temática sobre banca e hipotecas o xoves 14 de Xullo

O Xoves día 14 de Xullo, as 20:00, diante do centro cívico de Palavea, celebrarase unha asemblea temática sobre banca e hipotecas impartida por Maria, asesora da asociación ADICAE (Asociación de Usuari@s de Bancos, Caixas e Seguros de España). Segue lendo

Publicado en Convocatorias | Deja un comentario

Xornada de Troco o Sábado 9 de Xullo

O Sábado día 9 de Xullo, entre as 11:00 e as 14:00, organizarase unha xornada de troco diante do centro cívico de Palavea coa colaboracióin da Rede de Troco de A Coruña.

Trae todos aqueles obxectos que se atopen en bo estado e que non utilices. Terás a oportunidade de trocalos polos que outras persoas leven a xornada e ti necesites… Segue lendo

Publicado en Convocatorias | 1 comentario

Acta I Asemblea Popular de Palavea, Pedralonga e Santa Gema (25/06/2011)

ASISTENTES: Conchi (Elviña), Chelo (Pedralonga), Victoria (Palavea), Ángeles (Palavea), María (ADICAE), Carmen (Palavea), Laura (Palavea), Alfonso (Palavea), Maruxa (Palavea), María (Peiro), Raquel (Santa Gema) e Manuel (Santa Gema). ACTA: O comezar a asemblea, mentres estábamos de pé, diante do centro … Sigue leyendo

Más galerías | 6 comentarios